Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Día da Muller Traballadora

Conferencias, teatro e cinema en Vigo

Ao longo desta semana haberá varios actos en toda Galiza para conmemorar o Día da Muller Traballadora, este 8 de marzo. Na cidade olívica terán lugar charlas, escenificacións teatrais, e a proxección do documental de Mulheres Nacionalistas Galegas, 20 anos desafiando o patriarcado.

Redacción - 22:05 07/03/2007
Manifestación na Rúa Príncipe en Vigo (Foto CIG)

Manifestación na Rúa Príncipe en Vigo (Foto CIG)

Os actos comezan o luns 5 de marzo, ás 18.00, coa conferencia "Prioridades da muller na idade dourada", a cargo da psicóloga Mónica Calvo Serrano. Será no local da Asociación Agarimo (rúa San Xosé,22). Ao día seguinte, o ámbito é o lexislativo: a psicóloga Ildete Magallaes fala sobre "As mulleres e os seus dereitos" ás 18.00, na parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona,9-Coia).

O día 7 serán representadas dúas obras de teatro: Rosa de dous aromas, a cargo do grupo Rosalía de Castro da Asociación Veciñal"Fonte do Galo", no local social da asociación, ás 19.00, e A voda do señor Esganarello no salón parroquial do Cristo, a cargo de Mulleres de Moaña. Na primeira, do mexicano Emilio Carballido, dúas mulleres tópanse no cárcere co mesmo obxectivo: liberaren a un violador. A segunda é unha comedia de Molière, na versión de Pillado Mayor, na que o dramaturgo francés critica as imposicións da sociedade burguesa do seu momento, entre elas, o matrimonio de conveniencia.

Pero o acto máis destacábel é a manifestación do 8 de marzo, este ano co lema "Elixe: Compartir ou Discriminar". Organízaa a Coordinadora Local da Marcha Mundial das Mulleres co patrocinio da Concellería da Muller de Vigo, partirá ás 20.00 da Praza de Portugal e rematará na Porta do Sol. E outro evento salientábel é a proxección do documental co que Mulheres Nacionalistas Galegas celebran 20 anos de feminismo: 20 anos desafiando ao patriarcado, o día 16 na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: