Destacada presenza galega na Gala do Triatlón celebrada este sábado día 3 en Madrid. O evento, organizado pola Federación Española, deixou o nomeamento de Xavier Gómez Noya como mellor deportista elite masculino do ano. Aída Valiño recibiu o premio á promesa feminina do triatlón estatal.
O ferrolán Gómez Noya venceu na votación realizada polos membros da Asemblea Xeral o ordense Iván Raña e o cacereño José Manuel Tovar. Noya tamén recibiu na velada o trofeo que o acredita como gañador da edición de 2006 da Copa BG.
O palmarés galego na gala completouse coa elección de Aída Valiño como promesa feminina e coa entrega do título de mellor club de 2006 ao Cidade de Lugo Fluvial. A Federación Galega optaba ao premio á mellor labor de promoción, que finalmente foi para Antonio Moya do Prodesport Gandía.