Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPRESIÓN TURCA SOBRE O CURDISTÁN

Líder curdo á cadea por "respectar" un compañeiro que está preso

Ahmet Turk, líder do DTP, partido socialdemócrata pro-curdo, usou recentemente a expresión "Señor Ocalan" para referirse a Abdullah Ocalan, coñecido líder político preso nun cárcere turco. Un tribunal local considerou que a atribución de respecto da palabra "Señor" é abondo para aplicarlle unha condena de seis meses.

Redacción - 09:00 07/03/2007
Ocalan durante o xuízo

Ocalan durante o xuízo

Turquía estabeleceu a prohibición do uso de calquera lingua que non sexa o turco para todo tipo de actos políticos no seu territorio. A cancela tamén lle impide aos partidos a difusión de publicacións impresas noutras linguas. Ao propio Ahmet Turk xa lle impuxeran hai pouco outra condena de ano e medio de cárcere pola publicaciçon de propaganda do seu partido.

Agora, un tribunal local decidiu que as súas referencias a Abdullah Ocalan, co emprego da palabra "Señor", implican "eloxio do crime e do criminal". Ocalan cumpre condena perpetua na actualidade na prisión de Imrali e a formación política que lideraba, o Partido dos Traballadores do Curdistán, está ilegalizada.

A pasada semana, os avogados de Ocalan denunciaron desde Roma que o líder curdo foi envelenado no cárcere. O ministro turco de Xustiza asegurou que eran "mentiras", pero así e todo, o goberno aprobou o envío de tres médicos para realizar unha investigación ao respecto.


Ligazóns

3,33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: