Logo da última victoria en Riazor co Tenerife, os xogadores de Irureta so pensan en gañar o vindeiro partido co Mallorca. A bo seguro que os de Palma quererán resarcirse da derrota na Copa do Rei. Un partido apixoante nun bo momento de forma.
Despois deste encontro, virá un parón ligueiro para os partidos da selección española. Pero o Depor segue incasablemente buscando a liga de campións que reportaría uns ingresos mínimos multimillornarios. O goleador de moda na liga das estrelas, Turu Flores, leva xa dez goles e contribue en grande medida á remontada do equipo branquiazul. Pola sua banda o mellor centrocampista é Fran. O de Riveira ten seis goles na sua conta particular, o que incrementa as posibilidades realizadoras da escadra deportivista.