Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA MUNDIAL DA EFICIENCIA ENERXÉTICA

As lámpadas de baixo consumo reducirían á terceira parte a factura da luz

Aforrar enerxía non implica perder calidade de vida. Lémbrano este luns desde o Instituto Enerxético de Galicia, INEGA, con motivo da celebración do Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Aproveitan para recomendar algunhas boas prácticas neste ámbito, como é a substitución de lámpadas convencionais por outras de baixo consumo.

Redacción - 11:57 05/03/2007
O gasto medio en luz por fogar chega aos 77 euros por ano

O gasto medio en luz por fogar chega aos 77 euros por ano

O conxunto dos fogares galegos suman o 25% do consumo total de enerxía en Galiza, que vén incrementándose ao ritmo dun 5% anual. Ao cabo do ano, isto supón un gasto medio de 1500 euros por familia. Desa factura, a maior parte sae do gasto en combustíbel para o vehículo particular.

Na idea de introducir unha nova "cultura enerxética" na sociedade que aposte pola preservación do ambiente e o desenvolvemento sustentábel, o INEGA propón fixarse por exemplo na iluminación. O gasto medio en luz por fogar chega aos 77 euros por ano, un consumo anual de 700kw ano, e os expertos consideran que pode reducirse á terceira parte substituíndo as lámpadas convencionais por lámpadas de baixo consumo. O aforro equivale a evitar a emisión á atmósfera dunha media de 427 kg de CO2/ano.

Usando lámpadas de baixo consumo as familias aforrarían 50 millóns de euros. Cada familia galega aforraría así máis de 50 euros cada ano, instalando este tipo de lámpadas. O INEGA calcula que serían 20 millóns a substituír en todo o país, cun custo total de 200 millóns de euros. Galiza conseguiría así un aforro enerxético equivalente ao gasto eléctrico de 128 mil familias, o 2,5% do consumo de electricidade galego. As lámpadas de baixo consumo son pequechos tubos fluorescentes que transforman en luz a práctica totalidade da enerxía que consumen, conseguindo un funcionamento máis eficaz que as lámpadas normais.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: