Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Esta fin de semana...

A Rede Galega de Música ao Vivo ofrece oito actuacións

Oito concertos forman parte da oferta da Rede Galega de Música ao Vivo para a noite do venres 2 de marzo. As localidades de Vigo, Lalín, A Coruña, A Laracha, Cangas, O Barco, Ponteareas e Melide repártense a honra de acoller as actuacións da xornada.

Redacción - 17:25 02/03/2007
Moon Cresta

Moon Cresta

Ás dez e media da noite comeza o primeiro espectáculo: Miguel Costas e A Banda Turca tocan na sala Remache, na viguesa rúa Urzaiz. A partir das once, comeza no Barriga Verde de Lalín o concerto de Xoán Curiel. Na Coruña, o Jazz Vides acolle a música de Aguardiente Swing. Na Laracha, o Pub D'Antón recibe a Grasa. E, tamén á mesma hora, en Cangas do Morrazo, Sax Machine sobe ao escenario de Salasón.

Pero a noite continúa. Ás once e media, Cornelius achégase até a sala Baranda do Barco de Valdeorras. Unha hora despois, Tango Project estará no Salón Parroquial de Ponteareas. Xa á unha da madrugada, Moon Cresta vai a Melide, ao Pub Gatos.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: