Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VIGO NAU 2007

Os amantes da náutica miran cara a Vigo esta fin de semana

Este xoves comezou a cuarta edición de Vigo Náutico Internacional, un dos referentes estatais entre os salóns dedicados á náutica. Son preto de 40.000 os metros cadrados dedicados á exposición de embarcacións dentro do Instituto Ferial de Vigo.

Redacción - 11:00 02/03/2007
Tags: náutica Vigo
O Ifevi acolle o NAU 2007

O Ifevi acolle o NAU 2007

Até o próximo domingo os afeccionados ao sector poderán gozar dunha extensa axenda de actividades, entre as máis curiosas, a posibilidade de practicar a pesca de troita sen morte.

O venres exporase unha selección de barcos de clases olímpicas organizadas polas federacións española e galega de vela así como maquetas de modelismo naval, entre as que destaca a do Desafío Español que participará na 32ª edición da America´s Cup. Tamén se realizarán unha serie de regatas de radiocontrol e bautismos de mergullo nunhas das piscinas instaladas para a ocasión no Ifevi.

Preto de 40.000 metros cadrados de exposición

A Asociación de Modelistas Navais de Galiza, Amonaga, proxectará películas de vídeo submarino na caseta da Federación Galega de Actividades Subacuáticas mentres que a Asociación Española de Estacións Náuticas presentará o portal de venda por internet www.disfrutaelmar.com.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: