Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
OS LUCENSES PAGAN MENOS DE MEDIO EURO POR METRO CÚBICO

O servizo de augas de Lugo é o máis barato do Estado

Segundo os últimos datos achegados polo Ministerio de Medio Ambiente, os lucenses son os que menos pagan do Estado polo metro cúbico de auga, concretamente 0,49 euros. No extremo oposto sitúanse os 2,06 euros das Illas Baleares.

Redacción - 13:46 01/03/2007

O Ministerio de Medio Ambiente presentou o pasado mércores en Madrid o informe “Prezos e custes dos servizos de agua en España”, no transcurso da xornada “O uso da auga na economía española”. De acordo cos datos achegados, Lugo resulta ser a cidade do Estado que ofrece o seu servizo de augas a un prezo máis económico, cun prezo de 0,49 euros por metro cúbico. As capitais das Illas Baleares sitúanse no extremo oposto da cidade amurallada, con 2,06 euros.

A responsábel do ministerio, Cristina Narbona, sinalou que segundo a directiva europea referente aos prezos da agua, estes terán que ir incorporando o principio de recuperación de custes para o 2010. Deberanse ir incluíndo, polo tanto, os custes correspondentes á súa depuración e tratamento, entre outros, aínda que haberá excepcións no agro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: