Pucos agardaban que atletismo galego viva uns momentos tan doces. A medalla de Andrés Díaz en 1.500 metros lisos, Carlos Adán en forma e disposto a correr en Belfast e a última convovcatoria da ferrolá Rocío Rodríguez Longa, séptima do mundo en pista cuberta dos 1.500 de Maebashi.
Os campionatos españois de cross disputados en San Miguel del Camino (León), non foron como noutros anos, un monográfico galego, pero os galegos deron a talla. En homes, Carlos Adán foi séptimo, Jesús de la Fuente 14º e Carlos De la Torre 17º. Na categoria feminina María Abel foi quinta e Soledad Castro novena. Como Xulia Vaquero non vai correr o Mundial de Belfast, os responsables da federación convoacaron a Rocío Rodríguez para correr o mundial e sumar puntos para España. Galicia ten un novo campión español junior en Pedro Nimo, que estará o 27 e 28 en Irlanda do Norte.