Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[CICLISMO]

Los Ángeles Times denuncia irregularidades do laboratorio no proceso contra Landis

O xornal estadounidense Los Ángeles Times publicou este venres unha serie de documentos que poden "por en perigo" o proceso contra Floyd Landis, primeiro clasificado no Tour do 2006 e acusado de dopaxe con testosterona nunha das tiradas da proba. Segundo a información do rotativo californiano, non está claro o grado de participación na ouriña dos técnicos do laboratorio que fixeron a primeira proba e dos que realizaron a segunda, polo que os resultados que sinalaban o positivo de Landis poderían ser descualificados.

- 13:29 24/02/2007
Tags:

O L.A.Times asegura que se violou o protocolo existente como sucedeu co caso de español Íñigo Landaluze, exculpado polo Tribunal de Arbitraxe para o Deporte hai dous meses. Pola súa parte, os avogados de Landis insisten en que atoparon 59 violacións das normas internacionais para laboratorios no proceso que se abriu contra Landis polo seu positivo.

Mentres, Óscar Pereiro continúa cos adestramentos neste comezo de tempada. O galego foi o segundo clasificado do Tour do 2006 polo que unha vez se confirme definitivamente o positivo de Landis será nomeado gañador da famosa rolda. A semana pasada a cidade de Vigo acolleu unha multitudinaria marcha en defensa do mosense, semanas despois de que Le Monde o acusara inxustamente de dopaxe cunha menciña para a que tiña autorización da UCI.


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: