Logo da última xornada coa máxima emoción en todo o alto da táboa, o equipo coruñés do Liceo Airtel busca sorprender ó líder da división de honra. Esta noite, no Palau Blau Grana, o FC Barcelona- Liceo.
A derrota do Barcelona na pista do Igualada, deixa aberta a esperanza dos galegos para ver o Liceo no cumio desta liga. Tres puntos separan ós dous equipos. O Liceo derrotou na liga ó Noia por 8-2, e xa é semifinalista da Copa CERS. O Palau rexistrará unha moi boa entrada. Willy Duarte, adestrador coruñés, non ten baixas para o partido e o Barcelona non terá moitas máis oportunidades de amosarse como o mellor da liga de hockey a patíns.