Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'ALMA ESQUECIDA' ESTRÉASE NA CORUÑA E 'CADEA PERPETUA' RÓDASE EN VIGO

A curta, xénero en voga

A produción de curtametraxes no noso país segue en boa forma. O sábado 24 estréase no CGAI, na Coruña, a produción Alma esquecida, dirixida por Clara G. Nieto, dentro do ciclo Fóra de serie. A curta, gravada o pasado verán na comarca da Fonsagrada, conta a historia dun ex-combatente republicano da Guerra Civil, que volve a Galiza para se entregar lonxe da fronte, coa esperanza de salvar a súa vida. Interveñen Manu Fernández, Carlos Díaz, Carmina García, Paco Campos e Manuel Lourenzo.

- 17:16 20/02/2007
Tags:

O mércores 21 comeza a rodaxe de Cadea perpetua, de Christopher Jiménez, estudante da escola de Imaxe e Son de Vigo. O público poderá contemplar o proceso en vivo. Comezará ás dez e media da mañá no paseo de Afonso XII e trasladarase pola tarde á praia da Fonte. O xoves e o venres gravarase no concello de Rois.

A nova produción conta cun amplo despregue técnico e humano, malia os escasos medios económicos dos que dispón. Conta unha historia que se desenvolve no século XVI. Nela, Uxía, amante de Felipe II, é falsamente acusada de bruxería, polo que marcha exiliada á súa terra cunha filla, froito da relación. A curtametraxe ten como intérpretes a Cristina Varela, Laura Seijo, Xosé Barato e Vicente Montoto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: