Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O 23 DE FEBREIRO COMEZA O ALT 07

Máis teatro alternativo en Vigo

Ademais do Zoona Alternativa en Compostela, Vigo amosa tamén as propostas máis innovadoras da escena no Festival Alternativo de Teatro e Danza ALT 07. Organízao Noescafé Teatro coa Concellaría de Cultura de Vigo, e diríxeo Lola Correa. Dará comezo este 23 de febreiro, e até o 10 de marzo poderemos gozar de novidades como as achegas musicais, da man do Festival Sinsal de Vigo e da Sala Nasa Compostelá, unha exposición ou un ciclo sobre Bertolt Brecht.

- 10:34 23/02/2007
Tags:

Con 65.000 € de orzamento, este festival trae moito máis que teatro: Cabo San Roque é un grupo catalán que fabrica instrumentos imposibles. Poderemos gozar dun concerto deles o 2 de marzo na Casa das Artes: cinco personaxes, unha lavadora polifónica e unha cadea de bici achegarannos novas melodías. Grazas ao Instituto Goethe haberá tamén un microciclo de cinema dedicado a Bertolt Brecht (27 de febreiro e 6 de marzo no auditorio do Concello).

Na inauguración, este 23 de febreiro, unha exposición fotográfica recolle trinta anos de danza-teatro alemán. Estará na Casa Galega dá Cultura até o 18 de marzo. Outras actividades paralelas serán as representacións de danza nos autobuses urbanos e as rúas (a cargo do Centro Coreográfico Galego), performances, conferencias e proxeccións de vídeo-danza.

E xa entrando de cheo no teatro, o 24 de febreiro presentarase a primeira obra na Praza de Compostela. Na alameda viguesa, a compañía barcelonesa La Invenció presentará a obra As portas do ceo, que se desenvolve dentro dun colector, polo que o aforo é moi limitado.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: