Este sábado 17 de febreiro ás 17 horas comeza o proceso de inscrición para obter unha praza no Xuventude Galiza Net 2007. O primeiro paso para participar nesta party é encher o formulario de preinscrición. O ano pasado as prazas esgotáronse en tan só 33 segundos. Os que consigan os seu obxectivo, os máis rápidos na tarde do sábado, gozarán do 30 de marzo ao 1 de abril de máis de sesenta horas ininterrompidas de videoxogos, cinema, torneos e cursos de formación. Aloxamento no Monte do Gozo e comida incluídas, e todo por 37 euros ou menos.