Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PARAÍSO ESTÁ NA PRAIA DE RODAS

'The Guardian' atopa a mellor praia do mundo nas Cíes

O xornal The Guardian coida que a mellor praia do mundo é galega. A xuízo do rotativo británico, a praia de Rodas é o mellor paraíso imaxinábel para estar estomballado ao sol. Non faltan referencias ao bo comer galego e á transparencia das augas atlánticas nas Cíes, que comparan coas das costas caribeñas.

- 08:47 17/02/2007
Tags:

O suplemento de viaxes do prestixioso xornal británico ‘The Guardian’ destaca a calidade, tranquilidade e singularidade do areal galego. "Cando se mencionan as praias españolas a xente instintivamente pensa no Mediterraneo. Porén, a salvaxe e espectacular costa atlántica de Galiza ten praias moito máis ‘de película’, e menos ateigadas de xente", asegura Gavin McOwan, autor da reportaxe.

McOwan sinala a praia de Rodas nas Cíes como a xoia da coroa das praias galegas: "Unha media lúa perfecta, de area suave e pálida acompañada de pequenas dunas que abrigan unha lagoa tranquila de auga de mar cristalina". O xornal compara a praia galega con as do Caribe polo branco da area e o cristalino da auga aínda que non deixa pasar por alto a notábel diferenza de temperatura desta respecto ás centroamericanas.

A referencia á praia de Rodas remata coa recomendación de probar o marisco do restaurante das Cíes e de pasar a noite no "idílico" camping, "protexido do sol polos altos pinos, cunha vista sobre o océano".


0/5 (0 votos)