Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
A CARA MÁIS AMARGA DA CAZA EN GALICIA

O Comité provincial de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego, que non se cace raposo no mes de febreiro o ano que ven.

A FEDERACIÓN ECOLOXISTA GALEGA puido saber que no comité de caza de Ourense solicitará ao Comité Galego de Caza que na próxima orde de Vedas 07-08, no se estenda a caza de raposo ao mes de febreiro, en calquera das súas modalidades, incluída as competicións. Esta cuestións foi aprobada pola maioría dos asistentes.

- 13:11 16/02/2007
Tags:

De levarse adiante esta medida, a caza de raposo fora do período de caza menor, contemplaría so o mes de xaneiro, medida que aínda así consideramos insuficiente. A decisión do comité de caza de Ourense, en parte ven a dar a razón a reivindicacións e protestas do movemento ecoloxistas, sobre A Copa de España de raposo e outros eventos deportivos relacionados, no cal se expoñerán en perigo moitas femias que poidan estar en período de xestación, principal motivo polo que o Comité decide actuar de tal xeito. A práctica da caza no mes de febreiro, en tempadas pasadas deparou a triste resultado de moitos raposos e xabarís con fetos en avanzado estado de desenvolvemento.

A FEG insiste na necesidade de establecer un protocolo rigoroso na modalidade de caza relacionadas con calquera tipo de competición, entendendo que o aproveitamento cinexético tense que facer cumprindo escrupulosamente os requirimentos dos plans de caza que pide a lei de caza, e estas competicións deben estar supeditadas a estas memorias. Por este sentido as competicións deben de ter en conta os cupos de aproveitamento, e non coma se fai agora que veñen semellar un aproveitamento de "barra libre"

Igualmente, A FEG puido ter acceso á información na que se constata que as centro catro áreas nas que se vai a celebrar o campionato, inclúen superficies non autorizadas para a caza (amplas áreas de vedados e algún refuxio).

A FEG pide igualmente que a Consellería poña en práctica por primeira vez o establecido na recente reforma da Lei de caza, polo que pide que se faga os primeiros controis de alcoholemia a participantes deste campionato.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: