Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
'THALASSA', VENRES 16, 22 H

No Canal33 de Televisió de Catalunya: ''Mexillóns, dornas e unha gaita"

A segunda canle autonómica catalá emite no programa Thalassa a reportaxe «Musclos, "dornas" i una gaita», centrado no cotián dun pescador da Illa de Arousa, Uxío Allo, gaiteiro e impulsor da recuperación das embarcacións tradicionais galegas. Malia o efectismo do título, este audiovisual do reporteiro Josep-Anton Trepat, especializado no mundo mariñeiro, amosa o traballo nas bateas, a importancia de dorna coma embarcación tradicional e a implicación da Escola de Vela Tradicional da Illa de Arousa para manter vivos os obradoiros de carpinteiros de ribeira e a conservación do patrimonio marítimo galego.

- 22:28 15/02/2007
Tags:

O programa, de momento, só se poderá ver no abastamento territorial do Canal33. Para velo fóra deste territorio ou por internet, haberá que agardar que a televisión catalá amplíe os seus servizos multimedia como o de televisión á carta.

Programa Thalassa
Venres, 16 de febreiro de 2007, 22 h
Reportaxe «Musclos, "dornas" i una gaita»
Canal33


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: