"Creo que atentaron contra a liberdade de expresión. Perderon un cliente". Este é o lema dunha campaña en internet en defensa de Oleguer Presas. O xogador do F.C. Barcelona viu o pasado venres como Kelme, a empresa que patrocina o seu equipamento, lle rescindía o contrato por expresar a súa opinión sobre a situación de De Juana Chaos nun artigo de opinión no xornal Gara.
De momento, a campaña impulsada por Vilaweb xa acadou en só dous días preto de 20 mil sinaturas en defensa de liberdade de expresión e do futbolista do Barça. Mentres, o diario Gara adianta que a empresa de material deportivo Munich pensa facerlle unha oferta de patrocinio a Oleguer logo de coñecer a súa ruptura con Kelme.