Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁS PORTAS DO BICENTENARIO DO NACEMENTO DO CIENTÍFICO

Día Darwin: Na lembranza dun símbolo para "a ciencia e a humanidade"

A ciencia é a mellor ferramenta para "comprender" o planeta onde vivimos. Con esa convicción hai máis de dez anos que se convoca cada 12 de febreiro o chamado Día Darwin, en memoria do día en que nacera o famoso naturalista Charles Darwin, autor da obra de referencia A orixe das especies.

- 08:00 12/02/2007
Tags:

Non hai moitos meses que o actual Papa, Bieito XVI insistiu outra vez no conflito da "Creación" coa "Evolución", chamando aos cristiáns a poñer por diante da ciencia os valores morais definidos pola Igrexa Católica. Ao respecto, o historiador Marcos Valcárcel recorda na súa bitácora a Augusto González de Linares, precursor en Galiza da introdución dos estudos de Darwin sobre a evolución.

Foi en 1872 cando na cidade de Compostela Augusto González Linares, catedrático de Historia Natural, pronunciou unha conferencia da Academia Escolar de Medicina, no salón artesonado de Fonseca, defendendo o evolucionismo de Darwin.

Poden ampliar na bitácora de Marcos Valcárcel, As Uvas da Solaina.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: