Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
ESTA FIN DE SEMANA...

Salón de baile con Marful na Coruña e moito máis

Este venres 9 de febreiro, xa podemos coller parella e ir ao Teatro Rosalía de Castro da Coruña, a bailar valses, mazurcas e habaneras con Marful. A partir das 21.00, o grupo liderado por Ugia Pedreira lembrará os ritmos cos que namoraron os avós, e estará acompañado por colaboradores como Quim Farinha, Xabier Díaz e Guadi Galego, de Berrogüetto os tres. non han faltar bailaríns como Henrique Peón (director de Xacarandaina), a coreógrafa Mercé de Rande, ou o dúo de Xosé Candal e José Costa (de Danzón). Para irmos practicando antes desta noite, aquí podemos ver Havaneira:

- 14:21 09/02/2007
Tags:

Precisamente Xacarandaina estarán este domingo 11 ás 20.30 no Teatro García Barbón, en Vigo, presentando o seu novo espectáculo de danza: Prestixio. E seguindo co tradicional, o venres á medianoite gozaremos dun concerto de Anacos de buxo na sala A Fragua (Redondela).

En canto á música clásica, este sábado poderemos gozar de pezas de Britten, Dvórak e Mozart, interpretadas pola prestixiosa pianista Laia Masramon Vendrell e a Orquestra Nova da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a batuta do mestre James Judd. O concerto será ás 21.00 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, e a entrada é de balde. O día antes, a OSG dará un concerto do programa de abono no Pazo da Ópera da Coruña, ás 20:30, con temas de Castro, Schumann e Nielsen.

Tamén o venres ás 20.30 estará o Quinteto Pentafonía no auditorio Lauro Olmo do Barco de Valdeorras, cun concerto que abrangue dende o Renacemento até os nosos días. Ao día seguinte, ás 20.00, aportan no Auditorio Municipal de Cedeira. Non lonxe, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira estarán, o mesmo sábado ás 20.30, o grupo coral de cámara Ludus Tonalis. Ás 21.00, no Auditorio municipal de Vilagarcía, gozaremos da voz da soprano Susana de Lorenzo, que interpreta un repertorio lírico ben extenso, dende a ópera clásica até o musical de Broadway, pasando polo lied xermánico, a chanson francesa e o bel canto italiano.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: