Os representantes de Batasuna Arnaldo Otegi, Xabi Larralde, Arantza Santesteban e Rufi Etxeberria expuxeron este mércores unha proposta para "superar o conflito político". Esta consistiría en, "partindo da actual realidade política e institucional", crear unha "única autonomía política" que integre a Navarra e Euskadi, "dentro do Estado español". A iniciativa para se levar a cabo debería ser referendada maioritariamente polos cidadáns das catro provincias implicadas.
Ese marco político, segundo precisaron, constituiríase en términos xurídicos como "autonomía política", e depositaría na cidadanía dos catro "herrialdes" (Araba, Bizkaia, Gipuzkoa e Nafarroa Garaia) a capacidade de decidir libremente o seu futuro político e institucional, "quedando así garantido que todos os proxectos políticos, incluído o independentista, poidan ser non só defendidos senón materializados, se ese é o desexo maioritario da cidadanía expresado en términos pacíficos e democráticos".