Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O IPCC FARÁ PUBLICO UN IMPORTANTE ESTUDO ESTA SEMANA

A Terra podería aumentar a súa temperatura en 3ºC neste século

Os científicos do Observatorio Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático, IPCC, farán público esta semana un informe sobre a situación do planeta. Este venres, logo de seis anos de estudo, emitirán o primeiro ditame dos catro previstos para o 2007. O diario francés Le Monde tivo acceso ao documento de traballo dos expertos, reunidos en París. Segundo o rotativo, o IPCC afirma "cun grao moi alto de confianza" que dende o 1750 a actividade humana provocou un aumento na temperatura planetaria de entre 2ºC e 4,5ºC e que, de aquí ao 2100, podería aumentar outros 3ºC.

- 09:48 31/01/2007
Tags:

Medio milleiro de delegados, representantes de preto de 120 países revisan estes días o texto de traballo. Paralelamente, vaise realizar un exhaustivo informe, baseado noutro precedente do 2001, cos novos coñecementos adquiridos neste tempo sobre o cambio climático.

Porén, varios científicos critican o feito de que o IPCC non tome en consideración unha serie de recentes observacións, tal como que os glaciares de Grenlandia estanse a afundir máis rapidamente do previsto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: