Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN TERZO DO INVESTIMENTO TOTAL

O goberno portugués fai cambios legais para darlle até 45 millóns a Pescanova

O xigante pesqueiro Pescanova, que en Galiza ten garantido o financiamento público para o 50% do custo total dos seus proxectos acuícolas, conseguirá rabuñar do executivo luso até 45 millóns de euros, arredor da terceira parte do investimento total previsto para a piscifactoría de Mira. Un decreto recente do executivo portugués, mudou as normas estabelecidas, para ampliar a cantidade á que Pescanova poida acceder legalmente.

- 11:47 30/01/2007
Tags:

Sen esa flexibilización das regras, o proxecto de Pescanova non podería optar ás axudas do programa MARE de apoio á acuicultura, segundo acaba de explicar a publicación lusa Diario Económico. De xeito concreto trátase da eliminación do límite de tres millóns de euros como axuda máxima e tamén da retirada da esixencia dunha autorización de instalación e da xustificación da propiedade dos terreos ou do dereito de uso cando é área de dominio público marítimo.

As modificacións vanlle permitir a Pescanova ingresar de forma directa un total de 30 millóns de euros, saídos do programa MARE. Alén diso, e incluíndo incentivos fiscais, a promesa do goberno de José Sócrates é dun apoio total de 45 millóns de euros, a terceira parte do custo total avaliado para o megaproxecto en Mira, en zona protexida pola Rede Natura.

Poden ampliar no Diario Económico.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: