Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONSIDERAN QUE PODEN ATENTAR CONTRA AS SÚAS PERSOAS

Concelleiros do PP de Cambados e do Grove presentan demandas contra dous blogs

Dirixentes do Partido Popular de Cambados e do Grove presentaron senllas demandas contra os blogs Cousas de Cambados e Cousas do Grove, por consideraren que as entradas e comentarios publicados neles poden atentar contra as súas persoas. No caso do blog cambadés, o alcalde, Xosé Manuel Cores Tourís; a primeira tenente de alcalde, Rosa Oubiña; o concelleiro de Obras, Xosé Antonio Domínguez, e o de Medio Ambiente, Luís Aragunde, levantaron acta notarial de varias fotomontaxes en que se empregan as súas facianas.

- 17:34 29/01/2007
Tags:

Na localidade meca, a denuncia xorde a consecuencia dos textos da bitácora, tanto os escritos pola persoa que a abriu como os dos comentarios que deixan os lectores, e que supostamente inxurian un cargo electo do PP. Os dous casos están a ser estudados polo xulgado de Cambados, que terá que decidir se hai algún tipo de delito nos contidos publicados. No caso do blog do Grove, nas últimas entradas faise un chamamento á liberdade de expresión.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: