Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SECTORES PRÓXIMOS A OTEGI CENSURARON A FALTA DE ESTRATEXIA DE ETA

O atentado de Barajas abre un forte debate na esquerda independentista vasca

A explosión no aeroporto do Barajas abriu tamén unha fenda na esquerda independentista vasca. Segundo El Correo, diferentes militantes da ilegalizada Batasuna aproveitaron algunhas reunións para expresar o seu malestar coa actuación de ETA durante a tregua. Esta información asegura que hai un importante sector, liderado por Arnaldo Otegi e Rafael Díez, que cuestiona a "nula autonomía" que ten o movemento político. Fontes citadas polo xornal vasco sinalan que a disidencia interna cre que non houbo unha estratexia clara de ETA e que houbo moitos erros políticos no proceso de paz.

- 09:48 29/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)