A lingua galega ten un novo espazo para a reflexión. A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este venres en Santiago a publicación 'Longa Lingua'. A publicación, que contará cunha tiraxe de 5.000 exemplares, será mensual, polo que pasará a ser a de máis difusión dentro das que teñen esta periodicidade. O presidente da Mesa, Carlos Callón, explicou que a revista xa está á venda en quioscos e librarías ao prezo de catro euros.
Os socios da entidade e os centros de ensino que teñan convenios de colaboración recibirán exemplares. Segundo os seus promotores, a revista quere servir de material de traballo para os equipos de Normalizacións Lingüística das escolas. No primeiro número hai colaboracións de autores coma Xavier Queipo, Pilar Garcia Negro, Xosé Manuel Sarille ou Nel Vidal.