Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONTARÁ COA PRESENZA DA PREMIO NOBEL DA PAZ WANGARI MAATHAI

A loita contra o colonialismo protagoniza o Foro Social Mundial de Nairobi

Unha nova edición do Foro Social Mundial deu comezo este sábado en Nairobi, Kenia. Serán preto de 80.000 as persoas que participen nun evento que analizará a "historia da loita africana contra a dominación estranxeira, o colonialismo e o neocolonialismo". Os organizadores tentarán deste xeito axudar os movementos sociais a alzarse contra os gobernos que perpetúan a pobreza e a corrupción no continente. As actividades comezaron cunha marcha pola barriada de Kibera, unha das zonas máis desfavorecidas da capital do país. Agárdase con expectación a aparición da premio Nobel da Paz pola súa contribución ao desenvolvemento sustentábel, a kenyana Wangari Maathai. Outra das actividades principais do FSM será a celebración dun festival para os nenos de Nairobi, moitos deles orfos por mor da sida e outras enfermidades.

- 15:38 20/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)