Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROHÍBESE O COBROS DE MATRÍCULAS NAS ESCOLAS E OS SERVIZOS SANITARIOS PRIVADOS NOS HOSPITAIS PÚBLICOS

O restablecemento da gratuidade da ensinanza e da atención médica comeza a aplicarse en Nicaragua

No que respecta á educación, o novo ministro de Educación nicaragüense, Miguel de Castilla, reiterou este mércores aos directores das escolas públicas do país a prohibición a cobrar por matrículas, mensualidades, material escolar, ou calquera outro tipo de gasto relacionado tal como as coñecidas como "cotas voluntarias", solicitadas como contribución para a reparación das instalacións dos colexios. Outra medida de gran impacto social nestes días foi o anuncio da titular de Sanidade, Maritza Quant, de suprimir os servizos privados de atención médica que existen dentro dos hospitais públicos de Nicaragua.

- 16:37 19/01/2007
Tags:

Segundo informa a axencia de noticias Prensa Latina, está previsto que a aplicación das medidas anunciadas polo titular de Educación provoquen unha explosión de matrículas a partires do curso escolar 2007 (que comeza a finais de xaneiro).

Ao redor dun millón de nenos que permanecen fóra do sistema escolar debido a que os seus pais non poden costear os gastos esixidos, ingresarán de golpe no sistema educativo. O ministerio de Educación prevé a contratación de 900 novos mestres para afrontar a avalancha.

Pola súa banda, Quant tamén informou de que os pacientes tampouco terán que pagar polos medicamentos, as operacións cirúrxicas e as probas clínicas que se lles realicen dentro das unidades de saúde estatais.

  • Anteriores: Os sandinistas volven ao poder en Nicaragua
    Daniel Ortega asume de novo a presidencia de Nicaragua


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: