Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UN HUMORISTA INDIO REALIZA UN STREP-TEASE CARACTERIZADO DO LÍDER PACIFISTA

Unha parodia de Gandhi fai que o goberno da India valore bloquear o acceso ao YouTube

O Goberno indio está a valorar se bloquea o acceso ao portal de vídeos YouTube logo da publicación dun vídeo en que un humorista imitaba a Gandhi como protagonista dun espectáculo de nudismo. Nas imaxes, Gautham Prasad, humorista afincado en Nova York, realiza un strep-tease axudado dunha barra vertical caracterizado como o pai da nación India. A polémica chegou cando dúas canles do país emitiron o vídeo. Esta non sería a primeira vez que se bloquease o acceso ao YouTube desde un país concreto: hai unha semana un xuíz de Sao Paulo ordenaba o peche do portal no país logo de que non se censurasen unhas comprometidas imaxes de Daniela Ciccarelli.

- 12:50 15/01/2007
Tags:

O controvertido vídeo espertou as sensibilidades de milleiros de seguidores de Gandhi e mesmo o Goberno esixiu que as dúas canles de televisión que o difundiron pidan "unha profunda desculpa". Moitos interpretan o vídeo como un insulto ao líder pacifista pero outros aseguran que a imitación incluso sería do agrado de Gandhi.

A polémica volve a por de manifesto as dificultades do portal para censurar algúns vídeos, sobre todo cando estes convértense en populares na rede. O cambio de nome do arquivo e das súas etiquetas complica a labor dos censores. Xa pasou co vídeo de Daniela Ciccarelli hai unha semana e en outubro co da orxía en Eurodisney.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: