Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Finou o escritor Jenaro Marinhas del Valle

O xoves, 23 de decembro, finou na Coruña o escritor Jenaro Marinhas del Valle (A Coruña, 1908-1999) e foi soterrado o venres ás 12 da mañá no cemiterio de San Amaro. Fora xa militante das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista e presentouse como candidato nas listas do Bloque Nacionalista Galego. Publicou obras como 'A revolta' (1965), coa que gañou o Concurso Castelao de Teatro Galego, 'A festa do Cheneque', 'Cabo da vida' e 'O retorno imposíbel', e nos últimos anos editou en narrativa 'A vida escura' e en teatro 'Ramo cativo'. Ingresou na Real Academia Galega no 1975 e demitiu en 1990. As honras fúnebres terán lugar hoxe luns ás oito do serán na igrexa de San Francisco de Asís na Coruña.

- 11:12 24/12/1999
Tags:

.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: