Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÍTICAS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL E DA CIG

Denuncian a existencia de localizacións protexidas entre as incluídas no novo Plan Galego de Acuicultura

As primeiras críticas ao novo Plan Galego de Acuicultura chegaron apenas unhas horas despois de que se dese a coñecer o proxecto. Desde a Sociedade Galega de Historia Natural sinálase que non todas as zonas incluídas están fóra da Rede Natura. Segundo informou onte na Radio Galega o secretario xeral da sociedade, Paulino Casal, a praia de Ponzos, na parroquia de Cobas en Ferrol, non pode formar parte do novo plan xa que se trata dun humidal de gran valor ecolóxico e protexido pola rede europea. Casal asegura que a praia é a "antítese" da situación ideal para unha construción acuícola. Ao mesmo tempo, o secretario de CIG Mar, Xavier Aboy, criticou a Consellaría de Pesca por ter só en conta os empresarios no deseño do novo plan e non consular os sindicatos, concellos e ecoloxistas.

- 11:34 13/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)