Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA TERCEIRA PARTE CORRESPONDE ÁS NOVAS LOCALIZACIÓNS

Máis de tres millóns de metros cadrados para a acuicultura

O obxectivo do novo Plan Galego de Acuicultura é ofrecerlle ao sector seguridade xurídica, solvencia financeira e subvencións, segundo se manifestou dende a Consellería, xa que os proxectos que se presenten ao amparo deste plan cumprirán todas as normativas ambientais e urbanísticas vixentes. Ao documento de traballo tiveron acceso este venres os representantes do sector acuícola galego, nunha xuntanza co secretario xeral e o director de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na que se lles deu a coñecer o borrador dun plan que será presentado polo miúdo no mes de marzo. No encontro explicáronse os criterios de selección das novas zonas incluídas, así como as localizacións que contempla, todas elas fóra da Rede Natura.

- 10:12 15/01/2007
Tags:

O novo Plan Galego de Acuicultura, substitúe ao de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e abrangue espazos cunha superficie total de 3.360.000 metros cadrados, dos que millón e medio corresponden ás novas ubicacións seleccionadas polo goberno galego. O sector, que valorou positivamente a xuntanza e o contido do borrador, manterá novas reunións con representantes do departamento de Pesca e das consellarías de Medio Ambiente e Política Territorial antes de que finalice o mes de xaneiro.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: