A Comisión Antiviolencia anunciou este xoves a súa decisión de multar con 3.001 euros a Federación Galega de Fútbol por non evitar a introdución e lanzamento de cinco bengalas en Riazor durante o encontro que a selección galega disputou ante Ecuador o pasado 28 de decembro. Segundo Antiviolencia, a sanción responde a "deficiencias nas medidas de control de acceso". Ao mesmo tempo, a Comisión tamén sancionou con 4.000 euros, e a prohibición de acceso aos recinto deportivos durante non máis de cinco meses, a dous afeccionados por prender unha bengala no transcurso do partido.