Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS LICENZAS DE OBRA CARECEN DE INFORME XURÍDICO

Política Territorial esixe a paralización de 1.350 vivendas en Foz

A Consellería de Política Territorial, a través da Dirección Xeral de Urbanismo, esixiulle ao Concello de Foz a anulación de 40 solicitudes de licenzas municipais para a construción de 1.350 vivendas. Segundo figura no requirimento, estas "infrinxen o ordenamento xurídico vixente" xa que foron aprobadas despois de que o pleno do Concello acordase a suspensión de licenzas co obxecto de iniciar os trámites para a redacción dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Ademais, as licenzas tampouco contan con informe xurídico, cuestión determinante para advertir á Xunta de Goberno local de que o acordo adoptado polo Pleno cinco días antes impedía a concesión destes permisos.

- 10:21 12/01/2007
Tags:

A Xunta de Goberno local aprobou ditas licenzas o 29 de marzo, cinco días despois de que o Pleno do Concello de Foz acordase a suspensión de permisos de parcelación de terreos e edificación no ámbito do solo urbano clasificado na vila de Foz, así como os permisos de parcelación nos núcleos rurais.

Tras recibir o requirimento, o Concello de Foz dispón dun mes de prazo para proceder a anular os acordos de licenzas adoptados no pleno do 29. En caso contrario, a Xunta de Galicia "adoptará as medidas legalmente procedentes para conseguir o pleno restablecemento do ordenamento xurídico vulnerado", segundo figura no texto.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: