Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
["GRAN GALA" DO DIARIO MUNDO DEPORTIVO]

Xabier Gómez Noia e Óscar Pereiro optan a mellores deportistas estatais de 2006

O recente vencedor da Copa do Mundo, o triatleta ferrolán Xabier Gómez Noia, e o campión do Tour de Francia do 2006, o ciclista de Mos Óscar Pereiro, acaban de ser propostos para o premio ao mellor deportista do estado que concede o diario Mundo Deportivo. O gañador do premio darase a coñecer o 26 de xaneiro na LIX edición da "Gran Gala de Mundo Deportivo" que terá lugar no Palau de Congressos de Catalunya.

- 10:16 12/01/2007
Tags:

Xunto cos dous galegos, forman parte da lista de aspirantes ao galardón outros once deportistas da elite estatal. Estes son Fernando Alonso (Fórmula 1, gañador no 2005), Álvaro Bautista (motociclismo), Iván Cervantes (enduro, motociclismo), Marc Coma (raids, motociclismo), Pau Gasol (baloncesto), Jorge Lorenzo (motociclismo), Joan Llaneras / Isaac Gálvez (ciclismo en pista), Rafa Nadal (tenis), Juan Carlos Navarro (baloncesto), Carles Puyol (fútbol) e Adam Raga (trial).


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: