Os ultradereitistas xa contan cun partido de referencia na UE. Aínda que a súa presentación oficial será o luns na sesión plenaria do Parlamento de Estrasburgo, o novo grupo xa é unha realidade. A formación que leva por nome Identidade, Tradición, Soberanía, ITS, defenderá na Eurocámara, segundo manifestou o seu presidente, o eurodeputado francés da Fronte Nacional Bruno Gollnisch, "os valores cristiáns, a familia tradicional e a herdanza e cultura da civilización europea". Cómpre lembrar que tras estes valores cando menos respetábeis, agóchanse eurodeputados coma Jean-Marie Le Pen ou Alessandra Mussolini.
ITS estará composto por sete eurodiputados franceses da Fronte Nacional; cinco romaneses do partido Romania Mare; tres belgas dos independentistas flamencos do Vlaams Belang; dous italianos, entre eles a neta de Mussolini, de Azione Sociale; un austriaco, do FPÖ que encabezara o polémico Haider até o 2000; un británico independiente e un búlgaro de Ataka. Entre os principios que perseguen figura tamén a defensa dos "intereses nacionais", "soberanías, identidades e diferenzas", así como a oposición a unha Europa "unitaria, burocrática e a un super-Estado europeo".