Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ECOLOXISTAS EN ACCIÓN PUBLICA UN COMUNICADO

Denuncian as violacións de dereitos humanos en Nicaragua por parte de Unión Fenosa

Durante o transcurso do VIII CONAMA, celebrado en novembro e patrocinado pola Unión Fenosa, a entidade falou sobre "eficiencia enerxética", "actuacións no Protocolo de Kioto" e "Mecanismos de Desenvolvemento Limpo". Ecoloxistas en Acción denuncia que, mentres mantén esta presenza perante a sociedade, Fenosa ten causado danos ambientais en Colombia, Costa Rica, Guatemala e Nicaragua. Corenta organizacións, entre elas a galega Verdegaia, esixen que se tomen medidas.

- 11:11 10/01/2007
Tags:

Cortes de subministro eléctrico durante doce horas, que afectan aos hospitais, ao abastecemento de auga e á educación, son a consecuencia da actividade de Fenosa en Nicaragua. O 28 de setembro do ano pasado xa fora demandada pola Rede Nacional de Defensa do Consumidor de Nicaragua perante a Corte Suprema de Xustiza nicaragüense. O 15 de novembro comunicóuselle á empresa o inicio dun xuizo administrativo de nulidade de contrato, que anule o contrato de adxudicación adquirido hai seis anos pola compañía eléctrica en Nicaragua, para administrar as empresas estatais de distribuición e comercialización de enerxía por un período de trinta anos. Fenosa, ao asinar o contrato co Instituto Nicaragüense de Electricidade, comprometeuse a mellorar e ampliar o servizo. Segundo Ruth Herrera, coordinadora da Rede Nacional de Defensa dos Consumidores, fala de tarifas moi altas que implican a 400.000 abonados e dos constantes apagóns. "Os usuarios de Nicaragua non poden seguir sometidos a un servizo caro e deficiente".

Por isto, corenta organizacións esixen a Fenosa que idemnice á poboación nicaragüense polos danos provocados e abandone Nicaragua, sen restitución ningunha. Asinan esta iniciativa a Rede Nacional en Defensa do Consumidor de Nicaragua; Casa de Nicaragua de Cataluña; Comité de Solidariedade Internacionalista de Zaragoza; Ecoloxistas en Acción; Entrepueblos/Entrepobles/Entrepobos; OMAL; Yolocamba; Rede do Observatorio da Débeda na Globalización; Irmanamento León (Nicaragua) Zaragoza; Mesa Global de Guatemala; Rede Ambientalista en Acción dol Salvador; El Teixit de la Terra (Sabadell); SETEM Cataluña; Coordinadora Un Altre Món És Possible de Sabadell; Verdegaia (Galiza); Colectivo de Solidariedade pola Xustiza e Dignidade dos Pobos COLICHE A Rioxa; GRUDESA Nicaragua; Comunidade do Sur (Uruguai); Cidadáns en Apoio aos Dereitos Humanos (México); Centre de Recerca e Informació per el Consum; Associazione Italia-Nicaragua; revista Opcions; Veterinarios Sen Fronteiras; Asociación Vecinos de Venecia; WIDE - Globalising Gender Equality and Social Justice; Acsur Las Segovias; O Encontro Popular-Capítulo Centroamericano da Alianza Social Continental; Encontro Popular-Capitulo Costa Rica de la Alianza Social Continental; France Amérique Latine; Comité Canario de Solidariedade cos Pobos; FOCO, Foro cidadán pola participación pola xustiza e os dereitos humanos Arxentina; Asociación Guaiaie (Estremadura), COSAL Sevilla; SINALTRAINAL" (Colombia); Observatorio social de empresas transnacionais, megaproxectos e dereitos humanos en Colombia; PTM-mundubat; COLREFE; Plataforma Bolivariana de Tenerife, AEPCFA, COPINH, e Adobe, Arquitectura e Compromiso Social. Pódese obter máis información a través de www.unionpenosa.org.


0/5 (0 votos)