Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CO PASO Á CONVERXENCIA FREADO

Dende 1980 a economía perdeu un 20% de peso no Estado

A perda de cota en Galiza respecto ao Produto Interior Bruto estatal foi desde 1980 de até un 20%. Desde xeito, se naquela altura esa participación acadaba o 6.4% do PIB, en 2005 era apenas o 5.1%. Son datos do estudo Vinte e cinco anos de Autonomía en Galiza: Cambios Políticos e Económicos, elaborado polos irmáns Santiago e Ignacio Lago Peñas e editado pola Escola Galega de Administración Pública. Os investigadores chaman a desbotar a idea de que Galiza foi peor tratada que outras comunidades e destacan que a responsabilidade principal na evolución negativa está nos erros de xestión do autogoberno neste tempo. "Non se fixeron ben os deberes", quéixanse.

- 09:11 04/01/2007
Tags:


0/5 (0 votos)