"Non podemos dar por boa unha política urbanística que no prazo de cinco días concede licenzas para 2.060 vivendas de xeito ilegal". Refírense desde o BNG de Foz á aprobación pola xunta de goberno local do Concello na sesión ordinaria do pasado 24 de marzo de 2006, da concesión dun total de 717 vivendas. Segundo denuncian, a decisión non contou co necesario informe xurídico da secretaría do Concello de Foz. Cinco días despois, o 29 de marzo, producíase unha nova aprobación masiva, desta volta de até 1.343 licenzas, e coa ausencia do mesmo informe.