Presos atados de pes e mans, prendidos por cadeas en posición fetal e sen auga nin alimentos, mexando e defecando por riba de si mesmos, abandonados en caboucos durante longas horas, tremendo de frío ou calor, en gaiolas sen ventilación ou inconscientes e no chan... Son exemplo de testemuños que aparecen nos informes presentados por cando menos 25 axentes do FBI, documentando abusos na base naval de Guantánamo. A Unión polas Liberdades Civís Americanas, ACLU, apóiase neles na demanda presentada contra o ex secretario de Defensa estadounidense, Donald Rumsfeld, en nome dos detidos, presuntos sospeitosos de terrorismo. Máis no Washington Post e International Herald Tribune.