O Produto Interior Bruto (PIB) de Galiza medrou en termos reais un 3,2% ao longo de 2005. Para este 2006, a Xunta calcula un medre dun 3,9, o que superaría a media estatal. Segundo os datos do INE, que analiza o período 2000-2005, a Comunidade de Madrid é a que presenta mellores resultado (4,3%), seguida de Euskadi(3,9) e Murcia (3,8). O peores resultados foron os das Illas Baleares (2,6%). Aínda así, hai que lembrar que a media de suba da UE neste período foi dun 1,7%.
A noticia máis destacada é que comunidades como Andalucía ou Estremadura presentan, cun medre dun 3,7 e 3,6% respectivamente. Cataluña medrou unha décima por debaixo da media estatal. Nos últimos postos, canda as Baleares, atópanse as Canarias (3%) e A Rioxa (2,8).