O euribor, o interese ao que emprestan os bancos cartos entre eles a 12 meses vista, superou hoxe o 4%, algo que non acontecía dende maio de 2002. O euribor calcúlase a diario e a súa media mensual emprégana a maioría das entidades bancarias para fixar os custes das hipotecas variábeis. Os expertos coidan que este novo encarecemento do diñeiro vaise traducir nunha nova suba das hipotecas nos vindeiros días, o que sería a decimoquinta consecutiva.