Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN CASE DEZ ANOS DE HISTORIA

Fillos.org: Un centro galego virtual con catro mil socios

Só algunhas entidades históricas no exterior como a Casa de Galicia de Montevideo ou o Centro Galego de Bos Aires suman tantos socios como a comunidade virtual Fillos de Galicia. Ao tempo que a participación mingua na realidade cotiá destes centros, os internautas da emigración seguen especialmente activos neste recuncho da internet.

- 11:06 26/12/2006
Tags:

Destacan os seus promotores que o "imparábel crecemento" da comunidade Fillos.org, contrasta coa tendencia "do resto de centros galegos tradicionais", que asisten todos os anos a unha redución do seu número de participantes "por falta de relevo xeneracional".

Estes días celebran que se superou a cifra das catro mil persoas inscritas, desde o inicio da súa actividade en 1997. Nesta longa traxectoria, salientan o reencontro de máis de medio cento de familias grazas á intervención do portal e as actividades de difusión cultural e acción política en favor dos emigrantes. Desde o proxecto inicial, xurdiron diversas webs asociadas, como son Galeguidade.net, PlanetaGalego.info ou GaliciaEmigrante.info.


0/5 (0 votos)