Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ASTURIAS, ANDALUCÍA E CASTELA E LÉON XA EMPREGAN ESTA CERTIFICACIÓN

Trinta mil galegos xa teñen e-DNI pero aínda non poden usalo na web da Xunta

Cada día uns mil galegos conseguen o novo Documento Nacional de Identidade electrónico (e-DNI) que incorpora a firma dixital. Isto permite aos cidadáns identificarse na rede e completar en liña trámites administrativos, aforrando así a sempre incómoda presentación de papeis. Porén, o número de xestións que se poden facer en internet é limitado, especialmente en Galiza. E é que a Xunta aínda está "en proceso de adaptación" para sacarlle partido a esta ferramenta, que xa emprega o goberno estatal e os de Asturias, Andalucía e Castela-León.

- 17:46 22/12/2006
Tags:

A administración central permite completar en liña certa cantidade de trámites, como consultar o saldo do novo carné por puntos ou solicitar certificados á Seguridade Social. Os gobernos asturiano, andaluz e castelán-leonés tamén permiten realizar xestións a través de internet grazas ao e-DNI.

Polo contrario, a web da Xunta aínda non soporta esta ferramenta, a pesar de que Galiza é un dos primeiros lugares do estado nos que se expide o e-DNI. Os galegos que desexen relacionarse por internet coa Xunta teñen que solicitar a certificación na Fabrica da Moneda e Timbre, indica a Consellería de Presidencia. Este departamento sinala que está a ultimar a conexión dos sistemas galegos para permitir o uso do e-DNI, pero non é quen de fixar un prazo.

Un milleiro de e-DNIs ao día
Mentres tanto, uns 1.000 documentos electrónicos estanse a entregar no país todos os días. A Xefatura Superior da Policía de Galiza informa que na Coruña e Vigo é onde máis éxito está a ter o e-DNI, pois tramítanse uns 200 a diario.

Santiago, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo son as outras localidades nas que se están tramitando estas acreditacións. Está previsto que as oficinas de Ribeira, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilagarcía e Marín poidan expedilos proximamente, aínda que a Policía non pode precisar cando o e-DNI chegará a estas vilas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: