A senadora demócrata Hillary Clinton e o que foi alcade de Nova Iorque, o republicano Rudolph Giulani, saen como favoritos para ocupar a cadeira presidencial, segundo unha sondaxe do xornal Washington Post. No lado demócrata sitúanse logo da ex primeira dama o senador de Illinois Barak Obama; o candidato a vicepresidente en 2004, John Edwards; e o que fora candidato á presidencia naquel ano, Al Gore.