Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OS PROGRAMAS ESTÁN ATADOS A INTERESES ECONÓMICOS

Intermón critica a "falsa axuda" estatal ao desenvolvemento do terceiro mundo

O Estado español segue sendo a nivel europeo un dos países que "menor esforzo" realiza, respecto ao seu Produto Interior Bruto, á hora de conceder axudas ao desenvolvemento, malia que duplicou esas cantidades. Ademais, e segundo denunciaba este xoves o colectivo Intermón Oxfam, proxectos como a Axuda Oficial ao Desenvolvemento e o Plan África están vencelladas a intereses políticos e económicos. No informe A realidade da axuda 2006-2007, Intermón cualifica de "incoherente" e "interesada" esta axuda, e pide unha viraxe nas estratexias. Poden ampliar no Canal Solidario.

- 07:12 15/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)