Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ALEMAÑA E FRANCIA PEDÍAN ADIALO TRES ANOS

A UE frea o proceso de negociacións con Turquía

A Unión Europea esixíralle a Turquía a apertura dos portos e aeroportos ao tráfico comercial e de pasaxeiros con Chipre, condición imprescindíbel do chamado Protocolo de Ankara e paso ao que o executivo turco se negou. Por este motivo a UE acordou ralentizar o proceso de incorporación de Turquía como socio, bloqueando completamente 8 dos 35 apartados das negociacións e evitando que se peche calquera dos 27 restantes. Grecia, Chipre, Alemaña, Austria e Francia apoiaban unha chamada de atención aínda máis dura cara ao goberno turco, subliñando que a negativa de afondar na resolución do conflito chipriota impide novos xestos no proceso. A proposta destes países era suspender por completo a negociación até dentro de tres anos, suspensión que finalmente será só parcial.

- 07:04 12/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)