Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CARA Á "COLONIZACIÓN'' DO SATÉLITE

A NASA quere ter unha base permanente na Lúa en 2024

Catro anos antes, en 2020, a axencia espacial estadounidense agarda que unha nova expedición tripulada poña o pé outra vez na Lúa, e en 2024 estaría operativa a primeira base estábel no satélite. Trataríase dun laboratorio científico, especialmente pensado para a investigación tecnolóxica cara ás futuras viaxes espaciais a Marte. A NASA asegura que aínda non hai un plan concreto ao respecto, aínda que avanzan que a zona máis probábel para a súa construción sería un área próxima ao polo sur do satélite, onde as temperaturas non son tan baixas e o subministro enerxético sería máis doado. Poden ampliar en USA Today e NASA Space Flight.

- 07:12 05/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)