O Varal, blog oficial da Liga Nacional de Billarda, fai unha defensa da chega de bois como parte da cultura tradicional de Galiza e Portugal. Segundo esta entidade, a prohibición por parte da Xunta de Galicia desta "manifestación popular" que goza "dun enorme prestixio e apoio" é unha mostra de que o goberno autonómico ten como prioridade é eliminar a cultura do país. Tele-Varal ofrece un vídeo dun destes espectáculos no concello luso de Montalegre. Miren e opinen: