Este primeiro de decembro cúmprense 75 anos da aprobación da Constitución de 1931 que estabeleceu por vez primeira no Estado que as mulleres puidesen votar. En lembranza desta data, o Congreso propón que a xornada sexa declarada de agora en diante "Día do Sufraxio Universal". E porén, neste 75 aniversario da do dereito de voto feminino o sistema aínda lles pon cancelas ás mulleres. A través da bitácora Rúa do Sol descubrimos que a Lei orgánica de igualdade, malia mencionar que as candidaturas que se presenten nas eleccións municipais deberán ter unha composición equilibrada de homes e mulleres, de feito que ningún dos sexos supere como mínimo, o 40%, isto non será esixencia "nos municipios cun número de residentes igual ou inferior a 5.000 habitantes". Isto implica que 186 concellos galegos non terían que aplicar as condicións de igualdade.